venres, 13 de abril de 2018

Visita de Andrea Maceiras

A escritora coruñesa Andrea Maceiras visitounos para falar dos seus libros, Europa express, lido polo alumnado de 3º de ESO e Nubes de evolución, novela lida en 2º de bacharelato. Andrea respondeu ás preguntas dos nosos alumnos e alumnas, que mostraron especial interese polas viaxes da primeira das obras.




Semana cultural 2018

A Semana Cultural foi adicada este ano a nutrición e alimentación: aquí temos algunhas mostras dos traballos nos que o galego estaba presente; por exemplo, na microbiota bucal investigouse o papel dos microorganismos na nosa boca e dannos consellos para mellorala.









E nesta instalación móstrase perfectamente a pirámide nutricional:


luns, 9 de abril de 2018

E aquí temos aos nos@s mellores cociñeir@s coas receitas de Escarlatina, a cociñeira defunta.

    Coa celebración da Semana Cultural colaboramos co equipo de traballo da nosa biblioteca. O motivo para a Semana deste curso foi  alimentación e nutrición e aquí temos os mellores vídeos do alumnado de 1º A e C de ESO, realizados seguindo as receitas da lectura Escarlatina, a cociñeira defunta, de Ledicia Costas.  Parabéns polo manexo das novas tecnoloxías e de cociñas e fornos! Os estupendos resultados degustámolos entre tod@s. Aquí a primeira entrega:



E agora veñen máis:






E despois das madalenas, gorentosas piruletas de chocolate, hum!




Continuamos coa pizza de Guillermo:




E un delicioso brownie:



Xa podedes convertervos en mestres e mestras da cociñ seguindo os vídeos d@s vos@s compañeir@s!!!


mércores, 21 de marzo de 2018

mércores, 21 de febreiro de 2018

As 100 palabras do galego para a choiva

A partir deste estudo pensamos que sería interesante convocar ao noso alumnado a que elixisen e amosasen as súas palabras sobre a chuvia. As nosas alumnas e alumnos de 1º de ESO puxéronse á obra:



luns, 5 de febreiro de 2018

Semana de Manuel Lourenzo

Xaneiro 2018


Na terceira semana de xaneiro levamos a cabo  os actos adicados ao dramaturgo galego Manuel Lourenzo. O equipo de biblioteca realizou un video e un pasapalabra sobre o autor. O alumnado de 4º e 1º de bacharelao pasou pola biblioteca para participar do evento. Ademais, outros compañeir@s seus de grego, mostraron parte da obra Electra a través dunha lectura dramatizada.

SEMANA DE MANUEL LOURENZO @ BIBLIODIESTE

MÉRCORES 24

10.30/11.20 4ºB-Juan Carlos 1ºB-Xulia Sarah+Matilde
12.30/13.20 4º CUCA1ºA-Carlos Eloi+Matilde 

XOVES 25

9.20/10.10 4ºA- Inma 1º C-Xulia Luisa+Matilde 

VENRES 26

13.20/14.10 4ºC-Lucía Eloi+Matilde
Actividades: 
- presentación sobre Manuel Lourenzo 
- lectura textos de “Electra”, versión de M. Lourenzo 
- pasapalabra 






E este é o vídeo presentación: